Inicio

Benvida/o a Yauvana Yoga Studio!

Estudio de ioga situado en Carballo, (A Coruña). Benestar a través do ioga, a respiración, a relaxación o son e a aromaterapia.

A través do ioga aprendemos a dominar o noso corpo e mente para cultivar a quietude interior.  Ao mesmo tempo a práctica do ioga contribúe a mellorar a condición física, a tomar conciencia de que a nosa saúde depende de nós mesmos, dos nosos hábitos diarios, da nosa alimentación, de saber controlar as nosas emocións en momentos límite (nervosismo, estrés, rabia, tristeza…) e de estar ben nas nosas relacións persoais.