Sobre Yauvana

Yauvana Yoga Studio é unha iniciativa que nace co obxectivo de empoderar ás persoas para que sexan máis conscientes do seu corpo físico, mental e emocional.

Comecei a interesarme polo mundo do desenvolvemento humano orientado ás organizacións, o que me levou a graduarme en recursos humanos, certificarme en adaptación pedagóxica, protocolo e empresa, prevención de riscos laborais, especialización de posgrao en orientación ocupacional e formadora de formadores.

En 2014, o Hatha Yoga Integral abriume as portas a este marabilloso mundo do movemento consciente e da educación holística. Posteriormente, pasei cinco anos namorada do ioga Iyengar cunha práctica disciplinada e asistindo a  obradoiros intensivos en León e Barcelona. E ao longo do tempo obtiven a certificación oficial de instrución en ioga clásico.

A estas bases fóronse sumando outras formacións: ioga para a infancia, acompañante de ioga para familias, especialización en ioga para a adolescencia, ioga nidra, movemento somático con esferas, educación visual, educación emocional,  ximnasia hipopresiva, terapia de son con cuncos tibetanos, aromaterapia, meditación, atención plena, Pilates.

Así mesmo, dediquei anos a expandir os meus coñecementos en áreas como a biomecánica ( ioga terapéutico, cadeas musculares, solo pélvico) o que me permitiu  profundizar na comprensión do funcionamento do corpo humano  coma unha gran rede tridimensional  interconectada e dinámica.

Conectar co que o teu corpo necesita é unha viaxe fascinante! Se sentes que é  o momento de habitalo desde a calma, estou aquí para guiarte só precisas estender a túa esteira e ter ganas de coidarte.

Para continuar utilizando este sitio debes aceptar el uso de cookies más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar