“Ioga júnior”
Dirixido a nenas/os de 7 a 12 anos. Un programa especialmente deseñado para que os preadolescentes adquiran conciencia do seu corpo, exploren as súas emocións, desenvolvan flexibilidade, forza, coordinación e concentración para unha vida saudable e equilibrada.
“Ioga adultos”
Programa dirixido a persoas adultas interesadas no seu benestar integral (físico, mental e emocional).
“Ioga sénior”
Sesións diseñadas para persoas a partir de 55 anos. O ioga é un exercicio marabilloso para calquera grupo de idade que podes practicar durante toda a vida.
“Sesións individuais”
Práctica adaptada ás necesidades específicas da persoa.
“Ioga en familia”
Sesións esporádicas ao longo do ano para gozar da conexión familiar a través do ioga. Compartir é divertido e nutre o corazón.
“Obradoiros de ioga”
Obradoiros de ioga para empresas, escolas, asociacións e entidades comprometidas co benestar do seus traballadores, estudantes e/ou usuarios.
Para máis información… contáctanos!